Xa se pode pedir cita para vacinarse a través de WhatsApp
Por Oskar Viéitez
"Desde hoxe mesmo será posible pedir cita para a vacinación por WhatsApp". Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.
As persoas que queiran utilizar este sistema para pedir cita para a vacinación contra a Coivid-19, teñen que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número 981 215930.
O 91,5% dos galegos de 12 anos en diante teñen a pauta completa e o 93,5%, polo menos unha dose.
Segundo sinalou Feijóo, habilitouse esta fórmula a través do WhatsApp para "facilitar" a inoculación de antídotos contra o coronavirus, buscando a "complicidade" dos galegos que aínda son remisos a poñerse a vacina, "sabendo que non imos obter o cen por cen" pero tentando chegar " á maior porcentaxe posible".
O proceso de vacinación deixa este mes os recintos masivos para entrar nunha " nova fase", nos centros de saúde.
Relacionadas:
-
Sanidade administra 1.800 doses de vacina na fin de semana, entre pacientes sen cita, residencias e autocita
Por Redacción |
-
Máis aforo para o lecer nocturno, que poderá abrir ata as catro da madrugada
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade está pendente do visto e prace a Pfizer para empezar a vacinar aos menores de 12 anos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Sanidade empeza a inxectar a terceira dose da vacina a 510 usuarios de residencias de Pontevedra, Vilaboa e Ribadumia
Por Natalia Puga |