O folc-fusión de Laroá amenizará a Festa do Pan de Millo e Ovo de Tenorio
Por Redacción
A Festa do Pan de Millo e Ovo de Tenorio regresa esta fin de semana dun xeito diferente ao que era habitual. Nesta ocasión, por mor da pandemia da covid-19, a Asociación Cultural Foula decidiu adaptala a un novo formato onde o concerto de Laroá será protagonista.
A música folc-fusión deste grupo encherá o Auditorio Municipal de Cerdedo este sábado 25 de setembro a partir das 21:00 horas. O acceso será gratuíto e os asistentes deberán manter en todo momento o distanciamento social, ir con máscaras e deberán permanecer sentados en todo momento no sitio asignado.
Laroá presentará un repertorio 'world music' feito en Galicia, fusionando sons con sabor e cor a través dunha proposta que reinterpreta formas e estilos tradicionais con pinceladas latinas, de jazz e de folc-trad.
O evento conta coa colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade así como da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que dirixe Valentín García Gómez.
Relacionadas:
-
RADIO.- Laroá reformula os seus 'Camiños' cun espectáculo máis grande e máis reivindicativo
Por Marisa Ciordia |
-
Laroá presenta 'Toutón' como primeiro avance do seu novo proxecto 'Camiños'
Por Marisa Ciordia |
-
Morricone e Juan Pardo soarán no concerto da Banda de Música de Cerdedo en Campo Lameiro
Por Redacción |