O PP alerta dun aumento de botellóns e pelexas e urxe reforzar o control sobre o lecer nocturno
Por Redacción
O PP de Pontevedra alertou este sábado de que na cidade xerouse nos últimos tempos unha situación de "inseguridade" que atribúe ao aumento dos botellóns na vía pública e o "consecuente aumento de pelexas" e pide que se reforce o control sobre o lecer nocturno para poñerlle freo.
A concelleira Silvia Junco falou desta situación a través dun comunicado e anunciou que solicitará que o Goberno local convoque unha reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade para abordala.
Mentres non se celebra esa reunión, e a modo preventivo, Junco "urxe" reforzar o control do lecer nocturno, cun aumento da iluminación pública e maior presenza policial na rúa.
Estas medidas son necesarias porque "nos preocupa as imaxes que estamos a ver as fins de semana en Pontevedra, as aglomeracións, os botellóns e as pelexas continuas". Ademais, engade que os veciños lle trasladan esa sensación de inseguridade e que os das rúas Laranxo e Pai Luís xa a denunciaron publicamente.
Nos próximos días, Junco entregará por rexistro un rogo ao propio alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, solicitando esta reunión, ña que cre que deberían asistir o rexedor; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; e responsables da Policía Local, a Policía Nacional e a Garda Civil.
A Xunta Local de Seguridade ten entre os seus labores analizar e valorar a situación da seguridade cidadá no municipio, así como outros problemas que afecten ao normal desenvolvemento da convivencia no termo municipal, por iso é polo que decidiu solicitar que se reúna para abordar a "falta de seguridade" actual.
Entre outras cuestións, pide que a Xunta de Seguridade aborde o "aumento de botellóns, con particular atención á zona vella", o "incremento de pelexas tras o peche dos locais de lecer nocturno", os asaltos rexistrados en locais de hostalería e tamén os furtos en vivendas.
O PP non asistiría á sesión, pero si solicitaría posteriormente a acta para coñecer as conclusións e datos do encontro.
Relacionadas:
-
O botellódromo do Recinto Feiral reactívase porque o Concello entende que o consumo de alcohol está permitido nese espazo
Por Anxo Lourido |
-
O Concello de Pontevedra culpa á Xunta de crear un problema co botellón
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda apela ao "civismo" e á "prudencia" para evitar os botellóns na rúa
Por Oskar Viéitez |
-
Residentes na rúa Laranxo e Padre Luis temen que se "normalice" o botellón nesta contorna
Por Redacción |
-
O Concello non ve "problemas de orde pública" na noite pero si "pequenos desaxustes"
Por Alejandro Espiño |
-
Queixas veciñais por botellóns nas rúas Pai Luís e Laranxo
Por Redacción |
-
Sancionan tres locais na reapertura do lecer nocturno en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentará a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias durante esta fin de semana
Por Redacción |