Palilleiras de toda Galicia daranse cita na Alameda de Marín o 3 de outubro
Por Redacción
Palilleiras desprazadas desde distintos puntos de Galicia participarán o vindeiro domingo 3 de outubro na tradicional Xuntanza de Laboreiras e de Palilleiras da asociación Bolymar.
Con esta actuación, a asociación Bolymar recupera a súa tradicional reunión anual, que viu paralizada a súa celebración pola pandemia da covid-19.
A cita é unha referencia para as e os amantes desta técnica e celebrarase na Alameda Rosalía de Castro de Marín durante toda a mañá, entre as 10.30 e as 14.00 horas.
A concelleira Itziar Álvarez presentou a actividade acompañada polas organizadoras do evento, Mónica Rodríguez e Conchi Veloso.