A pista polideportiva do CEIP Manuel Vidal Portela contará con cortinas de illamento
Por Redacción
A pista polideportiva do CEIP Manuel Vidal Portela contará cunha fronte de protección para mellorar o illamento do recinto e para dar abrigo as persoas usuarias ante as inclemencias meteorolóxicas. Para iso, a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde destinará unha achega de 12.638,45 euros.
Tal e como explicou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "a intervención realizarase no lado oeste da pista, que é a zona de acceso desde o colexio, e pretende darlle continuidade ás estruturas xa existentes na súa cabeceira e no lateral que dá á rúa Salustiano Portela Pazos coa instalación dun faldón de 18 metros de lonxitude composto por un esqueleto de ferro e panel celular translúcido que partirá da cuberta".
O obxectivo é frear con catro cortiñas que darán opción de pechar a pista polo lado oeste da choiva lateral que entra no recinto, favorecendo o normal desenvolvemento de actividades deportivas ou escolares non se vexa afectada nos días de peor meteoroloxía. Será impermeable e poderá abrirse e pecharse facilmente en función do uso que se lle queira dar.
Ademais, o proxecto inclúe a subministración e instalación de cortiñas con riel de aluminio, rodas de Saeco dobres cada 50 centímetros, con lona tauliner con tensores cada 100 centímetros e lona de pvc de 900 gramos/m2 100% impermeable, así como de tres estruturas de 9,75 x 1,76 metros cada unha con panel celular translúcido de 20 milímetros de espesor.
A actuación a levará a cabo a asesoría técnico deportiva Punto Deporte.
Relacionadas:
-
Malestar dos pais do CEIP Vidal Portela polas multas da Policía Local co estacionamento
Por Marisa Ciordia |
-
Veciños de Campolongo reclaman o arranxo urxente das pistas deportivas
Por María José Pita |
-
Sacan a concurso por 360.030 euros a renovación do céspede dun campo de fútbol do complexo Manolo Barreiro
Por Natalia Puga |
-
O CEIP Manuel Vidal Portela homenaxea atletismo e piragüismo cun mural
Por Redacción |