Os maiores de Saraiva demostran que as receitas das avoas non hai quen as supere
Por Redacción
O tenente de alcalde, Tino Fernández, e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, comprobaron este domingo unha das premisas sobre as que se creou o programa municipal 'Avoa Fest', que "as receitas das avoas non hai quen as supere".
Así o constaron a través dun comunicado despois de achegarse durante a mañá ata as portas da residencia de maiores Saraiva na rúa Don Gonzalo para probar algunhas das receitas elaboradas polas súas usuarias no Taller de Sobremesas Tradicionais desenvolvido no marco do 'Avoa Fest'.
Os concelleiros puideron deleitar o padal con 'chulas' de cabaza e leite frito e aproveitaron para charlar coa coordinadora do obradoiro, Rocío, e con algúns dos participantes no mes, como María, Tinita e Eugenio.
Este último usuario, Eugenio, escribiu do seu puño e letra as súas receitas familiares para metelas na caixa de correo vermella instalada no Bosque da Memoria da praza da Peregrina para recoller as propostas de toda a poboación e elaborar despois un libro coas receitas tradicionais da cidade.
Segundo explicaron desde o Concello, todos os participantes envorcáronse nesta actividade do 'Avoa Fest' "con moitísima ilusión" e amosaron a súa "enorme ledicia e agradecemento" polo feito de que o proxecto Pontevedra Capital Gastro conte con eles como protagonistas do evento.
Esta fin de semana tamén continuou outra das actividade do 'Avoa Fest', un Roteiro de Sobremesas que conta coa participantes de 26 bares e restaurantes da cidade: 33 Café, A Fervella, Aroma's, Bar Estrella, Barbol Tapería, Bella Napoli, Blackbird Cervecería, Café Moderno, Casa Digna, Casa Durán, Casa Verdún, El Albero, Hangar 218, Hotel Rúas, La Platería, Lelé II Café Bar, Mar de Fóra, Mare e Monti, Meigas Fóra, Merluzoteca, Raxería Lola, Sonata Café Bar, Taberna Zentola, Tío Gilito Estrada, Tío Gilito Herreros e Zona Zero Café Bar.
Relacionadas:
-
Os centros de maiores públicos de Galicia converteranse en "residencias intelixentes"
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra elixe a mellor filloa da cidade
Por Redacción |
-
O Avoa Fest, á procura do recetario ancestral da cidade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Avoa Fest recupera o patrimonio gastronómico e homenaxea ás avoas e ás súas receitas
Por Redacción |