Conta atrás para anotarse a titulacións e cursos da UNED
Por Redacción
Entre setembro e outubro, a Universidade a Distancia (UNED) concentrou gran parte das matrículas en diversos graos, titulacións propias, másteres, cursos de idiomas ou de formación permanente.
O centro asociado en Pontevedra da UNED informa ademais da programación dos chamados Cursos de Extensión Universitaria, que abarcan diferentes áreas e que se desenvolven ao longo de todo o ano, cunha duración variable. A gran vantaxe destes cursos é que poden seguirse de modo presencial, no centro da UNED-Pontevedra situado na rúa de Portugal en Monte Porreiro, ou en formato en liña. A UNED tamén ofrece a posibilidade de que o alumnado se matricule noutros centros, xa que a característica dos estudos a distancia permite esta flexibilidade para seguir estes cursos de extensión, aos que poden tamén acceder persoas sen formación universitaria.
Para o que resta de ano teñen matrícula aberta cursos de variedade de temáticas, como lingua de signos, o autismo no cinema, escritura autobiográfica, lexislación común para oposicións, fotografía dixital ou técnicas de estudo, entre moitos outros. A oferta de cursos de extensión da Uned pode consultarse na seguinte ligazón: extension.uned.es
COMPLETA OFERTA
A UNED ten unha ampla oferta de estudos oficiais que se complementa cunha variada proposta de títulos propios.
Para este curso académico 2021-2022 ofrece 28 graos, dos cales 11 deles son combinados, 79 másteres EES (Espazo Europeo de Educación Superior), 13 microgrados, cursos de acceso universitario adaptados a maiores de 25, 40 e 45 anos, ampla oferta de idiomas no seu Centro Universitario de Idiomas (CUID) e máis de 650 cursos de formación permanente.
Toda a oferta formativa da UNED e a matriculación pódense consultar na seguinte ligazón: https://app.uned.es/portal/admision-matricula-por-internet
Para calquera información, o centro da UNED en Pontevedra conta coa web propia www.unedpontevedra.com, o teléfono 986 851 850, el correo eléctrónico informacion@pontevedra.uned.es ou a través das redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram o Youtube.
Relacionadas:
-
Pazos galegos, feminismo ou psicoxeriatría serán obxecto dos próximos cursos da UNED
Por Redacción |
-
O Concello investirá máis de 150.000 euros nos xardíns da UNED
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A UNED Pontevedra terá un orzamento de 2,3 millóns de euros
Por Redacción |
-
Novas oportunidades para Pontevedra como cabeceira do campus Noroeste da UNED
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra convértese na sede do Campus Noroeste da UNED coa dirección de Víctor González Sánchez
Por Oskar Viéitez |