Renovan o empedrado da Praza de Caritel
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas está a realizar melloras na Praza da Braxiña, no lugar de Caritel.
Os operarios municipais están a traballar no lugar para empedrar todo o chan, encintar todo o muro exterior e colocar unha balaustrada de pedra para dar maior seguridade.
Despois da limpeza integral á que se someteu a praza hai unhas semanas, os traballos avanzan agora para colocar pedra en toda a superficie da praza, que presentaba varios desniveis, e que con estes traballos quedará uniforme para uso e goce de toda a veciñanza.
Por outra banda, tamén se renovaron os espellos dos dous farois situados na praza e cambiáronse as luminarias por outras de LED que dan máis luminosidade ao espazo.