A Policía Local teme complicacións do tráfico polo corte do carril de saída da Ponte da Barca
Por Redacción
A Policía Local teme que se poidan producir complicacións de tráfico o martes a partir das 9:30 horas cando se corte a saída da Ponte da Barca con motivo das obras de reparación da rede da subministración da auga que a empresa Acuaes vai levar a cabo na Avenida da Barca en Poio. Por esta razón, vaise establecer un dispositivo especial de tráfico para lograr que as obras, que teñen unha duración prevista de ao redor de dous meses, teñan un menor impacto na cidade.
A medida máis importante foi a de reducir a afluencia de tráfico cara ao concello de Poio, intentando que a circulación se traslade cara á ponte Das correntes. Por ese motivo, o martes 22 ás 9:30 da mañá quedará pechado o vial de saída cara a Poio na ponte da Barca. Con esta decisión, a Policía Local intenta evitar que se produza un colapso de tráfico nas rúas Eduardo Pondal, Praza de Galicia, Augusto García Sánchez, Alameda e Echegaray.
Manterase o sentido de entrada á cidade a través da ponte da Barca e Paseo Colón, aproveitando que en Poio tamén se permitirá o tráfico de saída na Avenida de Barca onde se van acometer as obras. A rúa Alfonso XIII quedará pechada á circulación e só poderá empregarse para acceso a servizos e garaxes.
A Policía Local recomenda aos condutores que desexen saír da cidade cara a Poio ou cara á zona do Salnés que se trasladen a través da Ponte das Correntes, ou ben a través da AP-9 con saída norte (na rotonda dos bombeiros) e as estradas de Santiago, Ourense ou Vilagarcía.
Relacionadas:
-
Estrea sen grandes complicacións no corte de tráfico da Barca
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Mosquera acusa á Xunta de buscar intencionadamente un maior atasco na Ponte da Barca
Por Alejandro Espiño |
-
A partir do martes 22 e durante 2 meses, a Ponte da Barca será só de entrada por obras en Poio
Por Redacción |