O Parlamento abordará a denuncia do Concello de A Lama contra unha integrante de SOS Suído
Por Oskar Viéitez
O grupo do BNG presentou unha iniciativa para que o Parlamento galego rexeite a actuación do Concello de A Lama, polo inicio dun procedemento sancionador contra unha integrante da Plataforma SOS Suído Seixo que participou o 16 de outubro de 2020 nun acto de presentación de alegacións contra o proxecto mineiro Alberta I.
O deputado do BNG, Luís Bará, tamén participou nese acto no que, segundo asegurou, en todo momento respectáronse as normas sanitarias vixentes, xa que as persoas participantes agardaron a súa vez nunha fileira, mentres o resto de participantes agardaban no exterior do concello. Engade ademáis que no lugar estivo presente unha patrulla da Garda Civil, que en ningún momento advertiu nin da ilegalidade do acto nin do incumprimento das normas sanitarias.
O BNG entende que a actuación do Concello de A Lama, case un ano despois, denunciando a unha integrante da plataforma e propoñendo unha sanción de 100 euros, "só pode entenderse como un intento de intimidación e de castigo ao movemento social de defensa do territorio, así como un exemplo de persecución dos máis elementais dereitos democráticos".
O Bloque tamén pretende que o Parlamento inste á Xunta a proporcionar a información e documentación sobre o citado proxecto mineiro.