O Nacional de Tríatlon obriga a cortar ao tráfico un tramo da avenida de Bos Aires toda a fin de semana
Por Redacción
A celebración esta fin de semana do Campionato de España de Tríatlon Sprint na contorna do río Lérez en Pontevedra obrigará a restrinxir o tráfico na Avenida de Bos Aires e a súa contorna.
Así, o tramo da Avenida de Bos Aires comprendido entre a ponte dos Tirantes e a ponte das Palabras, en Monte Porreiro, permanecerá pechado ao tráfico desde as 8 horas deste venres 1 de outubro ata as 22 horas do domingo 3 de outubro. Ademais, durante a celebración das probas tamén permanecerán cortadas a Avenida de Compostela e o campus universitario.
Para evitar aglomeracións e reducir as molestias, a Policía Local ten deseñado un dispositivo para redirixir o tráfico. Poderase circular por José Malvar en dirección á Avenida de Bos Aires e de Uruguai, ademais, os coches que circulen por estas rúas no outro sentido, poderán dirixirse tamén cara a José Malvar ou Padre Gaite.
No tramo máis próximo ao río da Avenida de Compostela, estará habilitado un carril para que os coches que saian da contorna de Pasarón poidan desprazarse ata Domingo Fontán. O corte da Avenida de Compostela realizarase á altura da rotonda do Pavillón Municipal dos Deportes.
Para acceder ao barrio do Burgo, a Policía Local recomenda facelo pola Avenida da Coruña e, en Monte Porreiro, utilizar a ponte das Palabras para desprazarse cara a Mourente ou Lérez.
Relacionadas:
-
Paula Herrero e David Castro, campións de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Máis de 1.300 deportistas competirán en Pontevedra no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Tríatlon, ciclocrós, medio maratón... un outubro de eventos deportivos en Pontevedra que lembra á prepandemia
Por Diego Espiño |