
© Mónica Patxot (arquivo)
O comité de empresa de fábrica de Ence teme que a Xunta pretenda "deixar correr o tempo enredándonos en consultas legais"

Por Redacción
Despois da reunión mantida este luns 27 de setembro en Santiago co vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o comité de empresa da fábrica de Ence en Lourizán emitiu un comunicado no que analiza a proposta da administración autonómica de acudir ao Consello Consultivo de Galicia para estudar se é posible que a fábrica se adscriba ao Porto de Marín coa idea de manterse na súa localización en Lourizán, á marxe da sentenza da Audiencia Nacional, que está pendente dos recursos presentados ante o Tribunal Supremo.
Os representantes dos traballadores entenden que a Xunta de Galicia debe explorar calquera solución que garanta a continuidade dos postos de traballo. Insisten na súa petición de que as solucións sexan "reais, que se poidan levar adiante". Alertan de que o escenario que presente o goberno de Núñez Feijóo é preocupante ao non explorar outras posibilidades.
Neste sentido, o comité que preside Antonio Lafuente afirma que "parece que só queren deixar correr o tempo enredándonos en consultas legais (algo que xa podían ter feito)" e lembran que o persoal non ten tempo. Ademais tamén fan referencia ao intento hai máis de 15 de anos de pasar os terreos que ocupa Ence ao porto de Marín "fracasando no intento".
Reclaman ás administracións que exploren todas as vías posibles para garantir a continuidade dos postos de traballo e piden aos representantes públicos que non lles enreden con "cantos de sereas".
Relacionadas:
-
ENCE considera "unha boa noticia" o apoio da Autoridade Portuaria á adscrición dos terreos que ocupa a fábrica
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria de Marín acepta a adscrición dos terreos que ocupa ENCE en Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR traslada a súa preocupación ao Consello Consultivo ante os "intentos do Goberno galego por favorecer a Ence"
Por Redacción |
-
O PSOE reclama á Xunta no Parlamento unha alternativa "real" para Ence
Por Redacción |
-
Conde acusa a Concello e Goberno central de non asumir responsabilidades na busca de solucións para Ence
Por Redacción |
-
ENCE provisiona 196 millóns polo impacto dun eventual peche da fábrica de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera descarta a adscrición de Ence ao Porto de Marín porque tamén ocuparía terreos de dominio público
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez alberga a "esperanza" de que Ence poida adscribirse ao Porto de Marín
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta e os traballadores apostan por adherir a fábrica de ENCE ao Porto para garantir a súa continuidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Comisións Obreiras confía en que o Supremo autorice a continuidade de Ence en Lourizán
Por Manu Otero | Creada e actualizada