O deceso dunha muller de 89 anos en Montecelo eleva a 205 o número de vítimas mortais con covid na área
Por Redacción
Unha muller de 89 anos, que se atopaba ingresada no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra converteuse na vítima 205 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
Durante este martes 28, a Consellería de Sanidade tamén notificaba a morte dun home de 86 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, diagnosticado con coronavirus. As dúas persoas falecidas presentaban outras enfermidades previas nos seus historiais clínicos.
Con estes dous novos falecementos, Galicia alcanza a cifra de 2.636 persoas que perderon a vida con motivo desta enfermidade.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, curáronse 21.122 pacientes, dous máis na última xornada, desde o inicio do plan de continxencia.
PREVISIÓN DE VACINAS
Para este mércores 29 están previstos 600 ocos para autocita no Recinto Feiral de Pontevedra en quendas de mañá e tarde, segundo informan desde a xerencia da área sanitaria.
No recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa reserváronse 180 ocos para autocita tamén en quendas de mañá e de tarde.
Relacionadas:
-
Osdriana Seco, de 32 anos, última persoa en recibir a vacina no Recinto Feiral
Por Redacción |
-
Catro pacientes permanecen ingresados na área sanitaria por covid-19
Por Redacción |
-
Así evoluciona a pandemia na área sanitaria: cinco novos positivos e un paciente menos en Montecelo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A boa evolución da pandemia retárdase na área sanitaria, que suma un hospitalizado e tres casos activos
Por Natalia Puga |
-
Galicia recupera o 'certificado covid' para o lecer nocturno
Por Alejandro Espiño |
-
A saúde mental en tempos de pandemia pasa a primeiro plano este martes en Montecelo
Por Redacción |
-
A área sanitaria segue reducindo a incidencia da pandemia, pero a presión hospitalaria enquístase
Por Natalia Puga |