Cuntis anima á veciñanza a plantar castiñeiros como alternativa ao eucalipto
Por Redacción
Transformar o territorio dando "alternativas ao eucalipto". É o obxectivo do proxecto integral que puxo en marcha o Concello de Cuntis en torno aos castiñeiros, avanzando no aproveitamento sustentable dos soutos destas árbores.
Para iso organizouse unha nova xornada formativa arredor dos castiñeiros de froito, neste caso sobre a planificación e o deseño das plantacións.
Nela, informouse os participantes sobre como planificar as súas plantacións ademais de abordar a importancia da separación entre plantas.
Con esta formación, o goberno municipal busca ademais combater o desemprego "de maneira eficaz" e facer unha "aposta forte polo rural".
Esta iniciativa completarase con máis accións, tanto presenciais como de formación mixta, e pretende capacitar aos alumnos en métodos eficaces de aproveitamento para recuperar o cultivo do castiñeiro.
Cuntis pertence á indicación xeográfica protexida da castaña e, segundo o Concello, a súa aposta pola castaña "é total" como o demostra esta formación e as xornadas de exaltación do propio froito.
Relacionadas:
-
Reforman a estrada provincial EP-8403 na parroquia cuntiense de Arcos de Furcos
Por Redacción |
-
Os festivos locais, a reforma da Rúa do Convento e o ANPA O Baño, temas a tratar no pleno municipal de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis busca potenciar a "castañicultura"
Por Redacción |
-
Unha plantación piloto probará en Cuntis o rendemento da castaña
Por Redacción |