A ANPA Abelendos de Seixo pide axuda para custear o seu proxecto de igualdade
Por Redacción
A través da coñecida plataforma colaborativa GoFundMe, a Asociación de Nais e Pais (ANPA) Abelendos do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Seixo (Marín) iniciaba este martes 28 de setembro unha campaña para recadar fondos cos que poder cubrir os gastos do proxecto de igualdade que queren desenvolver entre o alumnado e as familias do centro.
Co lema "Colabora co noso proxecto pola igualdade", a ANPA Abelendos lograba nas primeiras 24 horas da cuestación sumar 205 euros.
O obxectivo é acadar os 1.000 euros que lles permitan levar a cabo obradoiros e actividades que abranguen a igualdade, as diversidades e a prevención de violencias. Estas accións veñen desenvolvéndose no colexio con financiamento público, pero a ANPA detectou que este orzamento non é suficiente para facer un proxecto máis global, e de aí esta recadación complementaria.
"Solicitamos a colaboración económica de todas aquelas persoas que queiran axudarnos a facer realidade o noso proxecto, que inclúe actividades informativas e lúdicas para as nenas, nenos e familias da nosa comunidade educativa así coma a creación dun mural pola igualdade e as diversidades", manifesta a ANPA Abelendas no texto que acompaña á recadación online e no que se presentan como "unha asociación de nais e pais comprometida coa igualdade e as diversidades".
Relacionadas:
-
ANPA Abelendos, a aposta pola igualdade e as diversidades
Por María José Pita |
-
Alumnado de seis colexios traballa por unha Ría de Pontevedra sen plásticos
Por Redacción |
-
Antes de dez días entrará en funcionamento o comedor escolar do CEIP de Seixo
Por Redacción |
-
O Áncora D'Ouro leva o seu programa educativo 'Futsalesco' ao CEIP Seixo
Por Redacción |
-
O colexio de Seixo organiza a carreira solidaria 'Corre con Arnaldo' para recoller cacao en pó
Por Redacción |
-
'Hai roupa tendida' en Seixo
Por Redacción |