Os bombeiros de Vilagarcía sufocan un incendio na contorna da sede do Mexillón de Galicia
Por Redacción
Os bombeiros do parque de Vilagarcía tiveron que intervir esta tarde, ao redor das 16.50 horas, na sede do Mexillón de Galicia para sufocar un pequeno incendio que non xerou danos persoais nin materiais, máis aló das pertenzas dunha persoa sen fogar que almacenaba alí os seus aveños.
A extinción do incendio foi rápida e agora é a Policía Local a que se encarga de investigar as causas do lume.
As primeiras hipóteses apuntan a algún tipo de represalia contra a persoa propietaria destes materiais, con todo no lugar dos feitos non se produciu ningún tipo de enfrontamento nin rifa entre as persoas que estaban polas inmediacións do lugar.