O Gadis da Oliva é o supermercado máis barato de Pontevedra, segundo a OCU
Por Oskar Viéitez
O supermercado máis barato da cidade de Pontevedra é o Gadis da Rúa Oliva, segundo a listaxe que anualmente elabora a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) cos establecementos de alimentación máis económicos e máis caros de España en 2021.
Ao Gadis da Oliva séguelle o Mercadona da rúa Juan Bautista Andrade, e en terceiro lugar o Carrefour de San Brais.
No cuarto e quinto posto están dous supermercados de Froiz, o establecemento de Cobián Roffignac e o de Fernández Villaverde.
O sexto posto é para o Dia Maxi ao pé da N-550 na avenida de Lugo. O Eroski de Cobián Areal ocupa o sétimo lugar, e o Supercor de Loureiro Crespo o oitavo.
Unha familia en España pode aforrar unha media de 1.073 euros ao ano na cesta da compra dependendo do establecemento no que merque, segundo este estudo da OCU que analiza 160.976 prezos en 1.103 establecementos repartidos por 65 cidades do Estado ademais da internet.
Nesta edición do estudo, o Hipermercado Alcampo de Murcia é o establecemento máis barato de España mentres que o Alcampo de Coia (Vigo) o é máis barato de Galicia e ocupa o cuarto lugar de todos os supermercados visitados pola OCU en todo o Estado.
Entre todos os establecementos nacionais, rexionais e locais Dani resulta a máis barata, seguida de Más Ahorro e Family Cash, mentres que Sánchez Romero (na Moraleja) é o máis caro.