Ferido leve nunha saída de vía en Moraña
Por Redacción
Un home resultou ferido de carácter leve tras saírse o vehículo que pilotaba da vía na estrada entre Amil e Moraña á altura de Paraños. O accidente sucedía arredor das 17:20 horas desta tarde do 31 de outubro nunha curva moi pronunciada da estrada PO-221.
Ata o lugar do accidente desprazouse unha ambulancia, Tráfico e membros de Protección Civil de Moraña. O condutor foi atendido polo servizo médico no mesmo lugar do accidente e non foi necesario o seu traslado a un centro hospitalario.
Segundo os primeiros indicios, a saída da vía puido producirse por un despiste do condutor.