Este domingo pechan os centros de vacinación masiva do Recinto Feiral e Fexdega
Por Oskar Viéitez
Os centros de vacinación masiva contra a Covid-19 situados no Recinto Feiral de Pontevedra e en Fexdega, en Vilagarcía, pecharon este xoves os ocos para a autocita.
A partir do venres, 1 de outubro, os puntos de vacinación serán os hospitais de referencia, é dicir, o Hospital Montecelo e o comarcal do Salnés, tal e como lembra o director de Enfermería da área sanitaria, Juan Vázquez Vilar.
O Recinto Feiral e Fexdega seguirá aberto os días 1 e 2 de outubro para segundas doses. Concretamente no Recinto Feiral de Pontevedra está previsto inocular 1.450 segundas doses durante a mañá a un grupo de poboación de idades diversas. E en Vilagarcía serán outras 400 segundas doses.
O domingo xa non estarán abertos estes "vacunódromos".
Actualmente, a campaña de vacinación está centrada na administración da terceira picada a aqueles grupos que necesitan complementar a pauta de inmunidade con este reforzo extra, como é o caso de persoas anciás e a poboación vulnerable.
Relacionadas:
-
Fexdega volve ser o centro de vacinación para a poboación arousá a partir deste sábado
Por Redacción |
-
O PP pide a Lores que recapacite sobre a cesión do recinto para a vacinación e lembra que a pandemia non rematou
Por Redacción |
-
O Sergas tratará de "convencer" a aquelas persoas que non quixeron recibir a vacina
Por Oskar Viéitez |
-
Descende lentamente o número de casos activos covid na área sanitaria que conta con 63 positivos
Por Redacción |
-
Osdriana Seco, de 32 anos, última persoa en recibir a vacina no Recinto Feiral
Por Redacción |
-
Especialistas en bioseguridade debaten en Pontevedra como facer fronte á covid e a futuras pandemias
Por Redacción |
-
A terceira dose da vacina contra a covid-19 xa chegou a todas as residencias pontevedresas en tan só unha semana
Por Natalia Puga |
-
Luz verde á flexibilización do lecer nocturno, que abrirá ata as 4 da madrugada cun aforo do 75%
Por Manu Otero |