A pontevedresa Ángela Rodríguez será a nova secretaria de Estado de Igualdade
Por Alejandro Espiño
Ángela Rodríguez, ata o de agora asesora do Ministerio de Igualdade, será a nova secretaria de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero, en substitución de Noelia Beira, que anunciou este xoves que abandona todos os seus cargos públicos por motivos persoais.
A pontevedresa, que concorreu ás últimas eleccións xerais como número 2 da candidatura de Galicia en Común por Pontevedra, a confluencia na que participaba Podemos, é unha das colaboradoras máis estreitas da ministra Irene Montero.
Antes diso, entre 2016 e 2019 Rodríguez foi deputada no Congreso por En Marea.
Tras coñecerse o seu nomeamento, Ángela Rodríguez agradeceu a Montero a súa confianza a través das súas redes sociais, avanzando que asumirá esta nova tarefa "co maior dos compromisos e con toda a forza e ilusión".
Asumiré esta tarea de Secretaria de Estado de Igualdad y Contra la Violencia de Género con el mayor de los compromisos, toda la fuerza e ilusión. Gracias @IreneMontero por la confianza. La lucha es por la vida, por los derechos de todas, todos y todes.
— Ángela Rodríguez Pam (@Pam_Angela_) September 30, 2021
A propia Irene Montero tamén se dirixiu á política pontevedresa para darlle as grazas por asumir esta "enorme responsabilidade".
Gracias por asumir esta enorme responsabilidad. Sabes que sin ti no sería posible. Caminamos con paso firme https://t.co/Cngqjp9JaU
— Irene Montero (@IreneMontero) September 30, 2021