Tareixa Carro substitúe a Ornela Fernández como concelleira e voceira do BNG de Vilaboa
Por Redacción
O grupo municipal do BNG de Vilaboa completou no pleno deste venres o proceso de renovación que comezara tras as últimas eleccións coa toma de posesión de Teresa Carro Sobral, máis coñecida como Tareixa, en substitución de Ornela Fernández, que xa non é a portavoz do grupo.
A formación nacionalista de Vilaboa queda agora formada por tres persoas, Carlos Acuña, Cesar Blanco e Tareixa Carro; moi implicadas na vida social do municipio e que xa traballan coa vista posta nos próximos comicios, co obxectivo de mellorar as infraestruturas e os servizos sociais como piares do novo proxecto.
"Saímos de este proceso coas forzas renovadas, cun proxecto máis claro para Vilaboa e con obxetivos marcados a curto e longo plazo", declara o concelleiro Carlos Acuña. "Vilaboa está repleta de posibilidades, só precisa dunha equipa que saiba xestionar os recursos e petar nas portas de quen faga falta, sempre coa cabeza ben alta e con orgullo de ser de Vilaboa", sostén a nova portavoz do grupo municipal, Tareixa Carro.