Denuncian a presenza dunha egua no Morrazo coas patas dianteiras atadas
Por Redacción
A Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro denunciou esta fin de semana a presencia dunha egua coas dúas patas dianteiras atadas cunha corda no parque forestal das Lagocheiras, en Marín.
Os responsables da agrupación explicaron que estaban dando un paseo polo parque cando se encontraron co animal, que "tiña tan curta a corda entre as dúas patas dianteiras que facía números para intentar subir unha pequena costa". A iso, engaden o problema de que "en calquera momento unha mala pisada pode causarlle feridas irreparables ou no peor dos casos a rotura dunha das patas".
A agrupación sinala que deron parte ao Seprona e que en media hora apareceron dous axentes "para intentar liberar ao cabalo de semellante tortura" e recoñecen que levaban moito tempo sen ver este tipo de maltrato animal, "que tería que estar penado de xeito máis contundente".
Finalmente, lamentan que "aínda se faga esta crueldade de maltrato aos cabalos" e agardan que este tipo de tortura animal non se volva repetir na bisbarra do Morrazo".