Catro pacientes permanecen ingresados na área sanitaria por covid-19
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra - O Salnés presenta a cifra de catro persoas ingresadas con covid-19. Dous delas atópanse en planta de hospitalización do Hospital Montecelo mentres que outros dous pacientes con coronavirus permanecen na Unidade de Coidados Críticos do mesmo centro pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Segundo os datos que ofrece a xerencia da área, este sábado 2 de outubro hai 65 casos activos nesta demarcación, catro menos que na xornada do venres.
Mantense a cifra de 205 persoas mortas desde que se notifican os datos de falecementos por esta enfermidade ao non rexistrarse mortes en toda Galicia por mor da pandemia durante as últimas horas. Curáronse 21.154 pacientes, cinco máis nas últimas 24 horas, desde o inicio do plan de contixencia.
Durante a última xornada realizáronse 194 probas con dous novos casos confirmados na área sanitaria.
DATOS EN GALICIA
En Galicia, o número de casos activos de coronavirus atópase en 847. 196 pertencen á área da Coruña; 145 a Lugo; 144 a Ourense; 167 a Vigo; 106 a Santiago; 65 a Pontevedra e 24 a Ferrol.
12 pacientes atópanse na UCI, 38 persoas en plantas de hospitalización evolucionando da enfermidade e 797 nos seus domicilios. Nas últimas horas detectáronse 46 novos casos.
O número de falecementos pola pandemia na comunidade autónoma continúa sendo de 2.638 persoas. A cifra total de dose de vacinas administradas ascende a 4.385.844.
Relacionadas:
-
Lixeiro incremento de casos activos e de ingresos hospitalarios por covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Descende lentamente o número de casos activos covid na área sanitaria que conta con 63 positivos
Por Redacción |
-
O TSXG autoriza a Xunta a esixir o certificado COVID-19 para acceder aos locais que abran ata as catro da mañá
Por Oskar Viéitez |
-
Así evoluciona a pandemia na área sanitaria: cinco novos positivos e un paciente menos en Montecelo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O deceso dunha muller de 89 anos en Montecelo eleva a 205 o número de vítimas mortais con covid na área
Por Redacción |