Recollen outra denuncia dunha nova vítima das accións do exhibicionista de Lourido
Por Redacción
A Policía Local de Poio rexistraba este sábado unha nova denuncia derivada do acoso do exhibicionista de Lourido. Unha muller identificou o home autor destes actos, despois de ver as denuncias públicas en redes.
Esta vítima sufriu un incidente similar aos achegados por outras mulleres durante os últimos días. No seu caso, o venres 23 de setembro, na contorna da praia de Lourido, foi cando comprobou a presenza deste home masturbándose e sacándolle fotografías, como sucedeu co resto de vítimas.
Ademais, neste caso, segundo informa a Policía Local, o home chegou a contactar coa muller de forma verbal para expresarlle a súa intención de masturbarse pensando nela, mentres a bañista recollía as súas pertenzas coa intención de abandonar a zona.
Desde a Policía Local alertan da importancia de denunciar este tipo de feitos que vulneran os dereitos das persoas no espazo público. Segundo informan, os axentes teñen constancia de máis casos similares non denunciados polas vítimas.
Relacionadas:
-
Unha vítima do exhibicionista de Lourido: "Non comprendo como vou poder sentirme segura de agora en diante"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Concentración feminista en apoio ás vítimas do exhibicionista de Lourido: "Unha agresión non pode ser sanción"
Por Redacción |
-
Denuncian un vilagarcián por exhibirse espido e provocar a dúas menores de 15 e 16 anos
Por Redacción |
-
Denuncian un pontevedrés por masturbarse e sacar fotos a mulleres en topless na praia de Lourido
Por Natalia Puga |