O Lavadoiro de Silvoso estrea nova cuberta
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas finalizou esta semana a restauración do Lavadoiro de Silvoso.
Encintouse todo o lavadoiro para que non teña fugas de auga, empedrouse todo o chan e as paredes laterais con pedra do país e mellorouse o acceso á fonte e ó lavadoiro instalando escaleiras de pedra.
A obra culminou coa instalación dun tellado en chapa sandwich imitación tella do país e co interior acabado madeira
"Manter vivo o noso patrimonio é sinal de respecto ós nosos ancestros, que tanto se esforzaron para construir estes lavadoiros e tanto traballaron neles lavando a roupiña", lembra o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que apunta que se están a realizar traballos de limpeza en todos os lavadoiros dos 33 lugares do municipio.
Relacionadas:
-
Barbudo estrea o renovado lavadoiro da Fonte Barreira
Por Redacción |
-
Unha nova praza fronte ao centro de saúde de Ponte Caldelas homenaxeará os profesionais da sanidade
Por Redacción |
-
Recuperan o antigo pozo de regadío de Fonte de Dan, que pasará a ser piscina no verán
Por Redacción |
-
Fontes, pozos e lavadoiros son obxecto de conservación en Ponte Caldelas
Por Redacción |