Unha nova praza fronte ao centro de saúde de Ponte Caldelas homenaxeará os profesionais da sanidade
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas homenaxeará ós profesionais da sanidade cunha nova praza fronte o centro de saúde, aproveitando a reforma que se fará da Rúa Lepanto nos vindeiros meses.
Segundo explicou o alcalde, Andrés Díaz, a mellora integral que se acometerá nesta rúa creará unha nova praza empedrada fronte ao ambulatorio e ese é o lugar escollido polo Concello de Ponte Caldelas para homenaxear ós médicos, enfermeiras, comadronas, auxiliares e practicantes.
"Todos eles velan pola saúde dos veciños de Ponte Caldelas e loitaron polas nosas vidas poñendo en risco as súas propias neste último ano e medio de pandemia da covid-19", sinala o alcalde.
Dende o goberno local engaden que "será tamén unha homenaxe a médicos de reconocido prestixio que son de Ponte Caldelas ou que teñen moita vinculación co noso concello e ós que todos lle temos un gran cariño no noso municipio" e citan a "Don Antonio, Don Aquilino, o doutor Carrera, o doutor Feijoo, o doutor Arruti, o doutor Victor Pedreira...", que serán algúns dos profesionais da sanidade que recibirán este agradecemento.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas sairá á rúa pola situación "insostenible" do centro de saúde
Por Redacción |
-
Plataforma única e itinerarios peonís para o ámbito do centro de saúde de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O BNG de Ponte Caldelas demanda Atención Primaria "de calidade" no concello
Por Redacción |
-
O Lavadoiro de Silvoso estrea nova cuberta
Por Redacción |
-
O Pleno de Ponte Caldelas actualiza a ordenanza de cemiterios e aproba a Conta Xeral de 2020
Por Redacción |
-
Renovan o empedrado da Praza de Caritel
Por Redacción |