Capri recada 6.393,70 euros con destino solidario cara A Palma
Por Redacción
A iniciativa da confeitería Capri de que toda a recadación deste sábado 2 de outubro fose para as persoas afectadas pola erupción do volcán Cume Vella resultou un éxito. Desde este establecemento facíase nas últimas horas un agradecemento público a todas aquelas persoas que apoiaron esta iniciativa tras sumar 6.393,70 euros.
O diñeiro ingresouse na conta de Mensaxeiros da Paz, a ONG que preside o padre Ángel e desde Capri mostraron o seu agradecemento nas redes sociais: "Estamos moi felices de poder achegar o noso granito de area. Grazas por facelo posible".
Tamén agradecían o apoio dos medios de comunicación que cubriron a noticia e a todas as persoas que compartiron os post por redes e as que contactaron coas persoas responsables do negocio para felicitalas pola iniciativa.
"É unha gran fortuna ter unha clientela tan solidaria. Hoxe máis que nunca sentimos orgullo pontevedrés", indican desde a coñecida confetería despois do gran resultado desta campaña de solidariedade coas persoas que están a pasar dificultades na Palma.