25 árbores para a reformada Estrada do Balneario
Por Redacción
Durante estas xornadas, operarios realizan traballos nas zonas axardinadas dentro da reforma integral da Estrada do Balneario. Plantáronse 25 árbores, dez tilos e quince liquidámbars que se intercalan ao longo da vía. Ademais instálase tea antiherbas e pedra branca decorativa baixo as especies, segundo informa o Concello de Ponte Caldelas.
A obra supuxo a reforma da contorna da leira do Balneario, adquirida polo Concello en 2017, onde está prevista a creación da futura Estación Termal. Os traballos desta reforma realízanse con cargo a Fondos Europeos nun 80% e o 20% restante corre a cargo da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.
Esta Estrada do Balneario é de sentido único con acougado de tráfico, beirarrúas empedradas e mobiliario urbano, ofrecendo continuidade entre a Praza de España e a Avenida de Vigo. Segundo o alcalde Andrés Díaz estas intervencións buscan a mellora dos espazos públicos e o incremento de aparcamento gratuíto.
Relacionadas:
-
A Estrada do Balneario de Ponte Caldelas loce a súa nova imaxe
Por Redacción |
-
Limpan o ámbito do balneario días antes de presentar o proxecto da estación termal
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas investirá 77.000 euros no novo aparcadoiro detrás da ludoteca
Por Redacción |
-
Demoler e tratar os residuos de formigón do Balneario suporá un gasto de 700.000 euros
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pecha ao tráfico a Estrada do Balneario para avanzar na súa mellora
Por Redacción |
-
Arrancan os traballos de mellora da Estrada do Balneario de Ponte Caldelas
Por Redacción |