A Xunta inicia traballos de limpeza en estradas autonómicas de Vilagarcía e Caldas de Reis
Por Redacción
A Xunta comeza a vindeira semana novas tarefas de limpeza nas marxes de estradas autonómicas.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade renovou a encomenda á empresa pública Seaga para a realización de tarefas de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias, de cara á prevención de lumes e o reforzo da seguridade viaria, ás que destina un investimento de preto de 1,5 millóns de euros.
No marco destas actuacións, esta vindeira semana iniciaranse estes traballos nas estradas da provincia de Pontevedra na autovía na VG-4.7, en Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis.
Seguirán tamén as intervencións na estrada PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra; e na vía de altas prestacións VG.-4.4, en Pontevedra e Marín
Os traballos realizados no marco deste contrato, renovado coa empresa pública Seaga para os vindeiros 12 meses, completan os que se veñen realizando ao longo do ano polo servizos ordinarios de conservación de estradas da Xunta.
Estas actuacións contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade da Xunta.
O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos proxectados eliminarán árbores que poderían caer á calzada en caso de temporal e evitarán que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas.
Ademais, serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da estrada animais como xabarís ou corzos.
Relacionadas:
-
Días de limpeza dos leitos nos ríos que cruzan a vila
Por Redacción |
-
Demoler e tratar os residuos de formigón do Balneario suporá un gasto de 700.000 euros
Por Redacción |
-
Limpan os treitos interurbanos do Río Maior e do Río da Vella en Vilaboa
Por Redacción |
-
Abren 354 expedientes de limpeza e prevención de incendios en só 3 anos
Por Redacción |