Protestas para reclamar que se cubra unha praza de Xeografía e Historia no IES de Poio
Por Redacción
O profesorado do IES de Poio concentrábase este luns no centro educativo dentro das accións que desenvolverán nunha campaña de protestas ante a decisión da Consellería de Educación de non cubrir unha praza de Xeografía e Historia.
A dirección do centro leva, segundo indica, desde inicio do curso reclamando á Consellería que envíe unha persoa para cubrir a praza dunha profesora con destino definitivo no centro que non se incopora por estar a ocupar outro posto nun organismo dependente da mesma Consellería.
Segundo manifestan desde o centro, a Consellería négase a enviar a unha persoa para cubrir esta vacante docente. Esta situación provoca que, desde o inicio das clases ata a xornada deste luns, todo o alumnado que cursa primeiro de ESO, ademais do alumnado da materia de Xeografía de segundo de Bacharelato carece dun docente que se ocupe das súas sesións lectivas e é o profesor de garda quen ten que atendelo, explica María Rodríguez, a directora do centro.
"15 días despois de iniciado ou curso, esta situación é inaceptable e insostible", afirma a directora e, por este motivo, comezaron a campaña ao verse sen opiciones a reorganizar o curso sen esta praza porque, aseguran, carecen de profesorado suficiente para atender a todo o alumnado.
Estas protestas do profesorado desenvolveranse a diario durante o recreo e o mércores pola tarde está convocada unha concentración de toda a comunidade educativa para defender os dereitos do alumnado.
PARLAMENTO
O BNG, a través do deputado Luís Bará, anunciou que este luns rexistrou unha proposición non de lei e preguntas ao goberno para que, de maneira inmnediata, se dea resposita a esta demanda e se garantan os dereitos do alumnado.
Bará cualificou de "racanería miserable e inxusta" a actitude que mantén a Consellería de Educación neste problema no IES de Poio.