Seven, a túa nova tenda de roupa en Pontevedra
Seven é unha tenda de roupa multimarca ligada á nosa cidade desde hai máis de 14 anos, conta actualmente cun local en Cruz Gallástegui pero agora implantouse tamén na milla de ouro da cidade.
Coñecida xa por moitos, esta tenda de roupa está concienciada en ser unha alternativa ás clásicas firmas de moda que podemos atopar en Benito Corbal. A súa firme aposta por marcas de moda a nivel nacional e internacional, é o seu sinal de identidade para considerarse a tenda de roupa para xente diferente.
Roupa de home, zapatillas para mozo e moza, gorras, mochilas e demais complementos unisex, podes atopalo todo no número 27 de Benito Corbal, ocupando un lugar privilexiado entre Stradivarius e a tenda Levis.
En declaracións a este medio, o seu propietario comentounos "Estar agora na rúa das tendas de Pontevedra é unha oportunidade única para achegarnos ao noso público, e que poidan coñecer o que nos diferencia do resto, a orixinalidade e a procura continua de novas tendencias e marcas de roupa para todos os públicos".
Algunhas das marcas que podemos atopar son Ellesse, Converse, 11 Degrees, Munich, Altonadock, Lyle Scott, New Balance, Goorin Bros, Buddy, Sprayground, Superdry, Rains, Cocowi, Capslab, Morato, G-Star Raw, Jimmy Lion, Champion, SikSilk, Independent Republic, Gianni Kavanagh, ou Fila entre outras.
Ademais das dúas tendas físicas en Pontevedra, Seven conta cun servizo de venda electrónica na que podes comprar roupa de marca online realizando envíos por toda España, aí calquera pode ver todas as pezas así como coñecer ofertas especiais por San Valentín, Día do Pai ou Black Friday entre outras ao longo do ano.
A outra forma de estar ao tanto das súas novidades e promocións é visitar os seus perfís en redes sociais Instagram e Facebook. Úneste ao #TEAMSEVEN? Esperámoste!