Ferida grave unha muller nun atropelo en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Unha muller resultou ferida grave nun atropelo rexistrado ás 10.30 horas deste luns en Sanxenxo.
Segundo informa o Concello de Sanxenxo, o accidente tivo lugar na contorna da rotonda de Arnelas.
A ferida é unha muller de aproximadamente 60 anos que cruzou a vía diante do bar Druídas fronte ao supermercado Gadis. Ía cun paraugas e non se fixou no coche que viña pola choiva.
Esta muller foi trasladada nunha ambulancia medicalizada en estado grave con trauma na cabeza e fractura aberta. É veciña da zona de Rial, na parroquia de Adina.