Nova entrega de 775 toneladas de alimentos para repartir entre máis de 25.000 persoas en situación de vulnerabilidade na provincia
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, María Larriba, desprazouse este martes ao almacén da Asemblea Provincial da Cruz Vermella en Pontevedra, para supervisar o desenvolvemento da segunda fase do Programa de Axuda a Persoas Desfavorecidas 2021, que xestiona o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Alí realizou un balance do programa deste ano, que supuxo a repartición de 1.208 toneladas de alimentos na provincia, que chegaron a máis de 50.000 usuarios a través dos bancos de alimentos, Cruz Vermella e organizacións colaboradoras.
O programa de axuda alimentaria desenvolveuse en dúas fases, unha que tivo lugar en maio e outra que comeza agora. Na primeira fase entregáronse 433 toneladas de produtos alimenticios e o resto, un total de 775 toneladas, comezaranse a repartir a partir de hoxe. A subdelegada destacou a importante achega do Goberno, que "nesta segunda fase destinará 720.004 euros para a compra destes alimentos de carácter básico que beneficiarán a 25.305 persoas en situación de vulnerabilidade".
Cruz Vermella e o Banco de Alimentos son os dous centros de distribución da provincia e nesta segunda fase recibirán 387 toneladas de alimentos respectivamente. Ámbalas dúas institucións, xunto a outras 134 entidades colaboradores, son as encargadas de facer chegar os alimentos ás persoas con menos recursos. Maica Larriba quixo poñer en valor o traballo destas organizacións e os seus voluntarios, "xa que dan vida e fan posible este programa".
Por último, a subdelegada destacou que "este escudo social supuxo e supón un esforzo excepcional para un Goberno que priorizou e prioriza ás persoas nos momentos máis duros", lembrou.
Na súa visita aos almacéns da organización, a subdelegada do Goberno estivo acompañada pola súa presidenta provincial, María Teresa Álvarez, e pola secretaria e técnica do proxecto, María Jesús Fernández e Berta Segovia, respectivamente, así como polo xefe da Dependencia de Agricultura, Pesca e Alimentación da Subdelegación do Goberno, Javier Seoane.
Relacionadas:
-
O Goberno reparte 556 toneladas de alimentos na provincia para chegar a máis de 23.000 persoas en situación de vulnerabilidade
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos de Pontevedra repartiu o pasado ano 370.000 quilos de comida
Por Redacción |
-
Pepe Solla protagoniza o documental 'Moluscos' dentro da campaña 'Alimentación consciente' de Cruz Roja
Por María José Pita |
-
Cruz Roja recibe 216 toneladas de alimentos para repartir entre familias desfavorecidas
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos distribúe 20 toneladas de produtos ao mes na comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
Última entrega á Cruz Vermella do programa de axuda alimentaria do Goberno
Por Oskar Viéitez |