Confirman 11 anos de cárcere para o home de Tomiño que enganou a súa vecina para violala
Por Redacción
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de once anos de cárcere para o home que se fixo pasar por unha muller para enganar á súa veciña e violala no municipio pontevedrés de Tomiño.
Os maxistrados da Sala do Civil e Penal do TSXG consideran que este home é autor dun delito de violación de morada, en concurso cun delito de agresión sexual na modalidade de violación e outro de lesións, coa agravante de disfrace.
O tribunal considera probado, do mesmo xeito que a Audiencia de Pontevedra en primeira instancia, que cando a vítima decatouse do engano tentou pechar a porta.
O acusado, que levaba a cabeza cuberta por unha carapucha, a cara tapada e luvas, abalanzouse sobre ela e agarrouna con forza polos brazos e despois agrediuna sexualmente e golpeoulle a cabeza contra o chan.
A sentenza destaca que, a pesar de que a vítima non identificou o seu atacante, esta foi "constante" nas súas declaracións afirmando en todo momento que mentres durou o ataque, "mantivo o seu rostro cuberto, impedíndolle a identificación".
"O único que puido constatar é que se trataba dunha persoa cunha determinada altura e complexión e expresou, na súa denuncia, meras sospeitas de quen podería ser o atacante", explican os xuíces na súa resolución.
Foi a partir da proba de ADN cando se resolveu o caso, pois os investigadores acharon material xenético da persoa sospeitosa na casa, corpo e pezas de roupa da vítima.
A muller explicou que o acusado nunca entrara antes na súa casa, polo que o ADN achado mesmo no pixama que levaba posto ela ou "o que é aínda máis revelador", segundo a sentenza, baixo as uñas da vítima acreditan a autoría da violación.
"Con estas probas periciais, difícil é concluír outra cousa que non sexa a autoría dos feitos por parte do procesado", sinala o TSXG, que tampouco aprecia "elementos indicativos de animadversión" cara o acusado procesado, polo que ve "crible" o relato da vítima.
Relacionadas:
-
Non haberá reducción de condena para o violador unha muller en Tomiño, que finxiu ser a súa veciña para atacala
Por Redacción |
-
Piden oito anos de prisión por unha agresión sexual a unha menor nun pub da Guarda
Por Redacción |
-
A xuízo por tentar matar á súa esposa mentres durmía
Por Oskar Viéitez |
-
A Audiencia condena a once anos de cárcere a un acusado de agredir sexualmente á súa veciña
Por Redacción |
-
Os restos de ADN sinalan ao acusado como autor da agresión sexual sufrida pola súa veciña
Por Oskar Viéitez |