Conclúen as obras de mellora da estrada que une Valongo con Augasantas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade dá por rematados os traballos de mellora da estrada entre O Campo (Valongo) e Ceraxe (Augasantas).
O alcalde, Jorge Cubela, na compaña do tenente de alcalde Fernando Vázquez e da concelleira Galiza Aguete, inspeccionaron este martes o estado das obras, que supuxeron un investimento de preto de 200.000 euros a través do Plan Marco da Xunta de Galicia e de fondos europeos.
Os traballos consistiron, básicamente, na reposición con aglomerado en quente duns dous quilómetros de trazado entre O Campo e Ceraxe así como a adopción de medidas de mellora de tráfico en lugares específicos.
A actuación rematarase co pintado e a reposición da sinalización tanto vertical como horizontal favorecendo así unha mellor visibilidade do vial en momentos de menos luminosidade.
O alcalde Jorge Cubela cualificou a actuación dun investimento moi necesario “porque axuda a vertebrar dun modo axeitado o noso concello favorecendo a intercomunidación interior e a relación veciñal así como un acceso seguro entre núcleos rurais. A estrada estaba certamente moi deteriorada e grazas a esta xestión que fixemos ante a Xunta, o Concello puido afrontar o investimento".
Relacionadas:
-
Pavimentan tres camiños municipais na parroquia de Loureiro
Por Redacción |
-
Xa se poden presentar alegacións á mellora da estrada PO-234 entre Laxoso e o cruce de Portasouto
Por Redacción |
-
Nova imaxe para a rotonda de Pazos de Borela con plantas e ornamentación
Por Redacción |
-
O primeiro treito da vía que une Carballedo e Caroi pasa a mans municipais
Por Redacción |
-
Dan por rematadas as obras da estrada que une Caroi e Cavadosa
Por Redacción |