Xa só hai 56 pacientes con coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este mércores 6 de outubro, 56 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 5 menos que onte.
Son 2 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa nas últimas 24 horas.
O número de pacientes hospitalizados é de 3 persoas atendidas no Hospital Montecelo. Outros dous están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo. O resto dos que contraeron o virus, 51 casos, atópanse illados nolos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 21.169 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse outras 7 persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 304.100, nas últimas 24 horas fixéronse 201. A estas probas súmanse as 142.108 probas de antígenos e outras 109.043 probas de detección realizadas ata a data.
VACINACIÓN
A previsión de vacinación poboacional contra a Covid-19 na nosa área sanitaria para hoxe mércores estima que no Hospital Montecelo, se inxectarán 78 segundas doses en quenda de mañá, a poboblación de idades diversas con autocita. No Hospital Provincial, serán 70 segundas doses pendentes e doses adicionais en pacientes de risco en quenda de mañá e no Hospital do Salnés, outras 54 segundas doses en quenda de mañá, a cidadáns con autocita.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 679 deles 171 son da área da Coruña, 111 da de Lugo, 118 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 130 da área de Vigo, 79 da de Santiago e 14 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 636 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.152 persoas curadas, rexistrándose 2.639 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.849.841.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.397.066.
Relacionadas:
-
Situación covid na área sanitaria: 52 casos activos, dous pacientes ingresados en planta e un enfermo na UCI
Por Redacción |
-
Galicia camiña cara a normalidade con aforos ao 90% e reunións sociais más amplas
Por Alejandro Espiño |
-
Recupérase a tendencia descendente na cifra de casos activos e ingresos por covid-19
Por Redacción |
-
O Sergas tratará de "convencer" a aquelas persoas que non quixeron recibir a vacina
Por Oskar Viéitez |