Concello e Ecovidrio impulsan a reciclaxe do vidro entre o sector hostaleiro de Cambados
Por Redacción
Facilitar a recollida e reciclaxe dos residuos de envases de vidro en locais hostaleiros de Cambados. ÿ o obxectivo da campaña conxunta que porán en marca o Concello de Cambados e Ecovidrio, unha asociación sen ánimo de lucro que xestiona a reciclaxe dos envases de vidro depositados nos contedores de toda España.
Esta campaña arranca cun traballo de campo que consiste na realización de enquisas a máis de 60 establecementos hostaleiros, co obxectivo de informar sobre esta iniciativa e detectar as necesidades dos profesionais do sector para facilitarlles o reciclado das botellas de vidro.
Os pubs, bares e restaurantes que acorden participar nesta campaña disporán dun cubo con rodas dotado de gran capacidade para o traslado dos envases de vidro ata o contedor correspondente. O casco urbano dividiuse en sete zonas onde se concentra a maior actividade de bares e restaurantes do conxunto urbano cambadés.
Nestes puntos estanse analizando as necesidades de contedores VACRI, os cales dispoñen dunha boca ancha e un sistema de elevación hidráulica para facilitar o valeirado do cubo cos envases froito da actividade hostaleira.
O sector dos hoteis, restaurantes e cafeterías depositan, segundo os datos municipais, o 48 por cento dos quilos de vidro rexistrados nos contedores. Por esta razón, o Concello cre importante informar aos hostaleiros da trascendencia de realizar unha correcta separación dos envases de vidro en orixe.