Falece Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, mentres traballaba no seu despacho
Por Alejandro Espiño
Consternación no goberno galego. O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, faleceu este mércores aos 60 anos de idade.
Martínez, que era o responsable desta carteira desde febreiro de 2015, morreu no seu despacho sobre a unha e media da tarde tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria, segundo confirmaron fontes do executivo autonómico.
Sentimos profundamente comunicar que o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, acaba de falecer no seu despacho despois dunha parada cardiorrespiratoria.
— Xunta de Galicia (@Xunta) October 6, 2021
A maior das apertas a todos os seres queridos dun traballador público que sempre estivo ao servizo do pobo de Galicia
A Xunta de Galicia suspendeu todos os seus actos oficiais.
Desde que se coñeceu o seu falecemento, as mensaxes de condolencia, especialmente desde a clase política, sucedéronse a través das redes sociais.
Nada prepara na vida para afrontar algo como o que vivimos hoxe. Unha das persoas máis brillantes que coñecín. Leal amigo e compañeiro dende que entramos na Xunta, alá por maio do 85. Servidor público extraordinario, tivo dúas familias: a súa e Galicia. Grazas a todos polo cariño pic.twitter.com/6tibGRpO25
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) October 6, 2021
Foise un compañeiro excepcional, de moitos anos e moitas cousas.
— Alfonso Rueda (@ARueda68) October 6, 2021
Ata sempre Valeriano, botarémoste de menos. Enormemente. pic.twitter.com/0Jk055mpDj
Valeriano escapaba das fotos. En ocasións quería dar a impresión contraria do que era. Home e amigo cariñoso, intelixente e comprensivo, sempre buscaba solucións. Non estou triste, estou destrozado polo inxusto da vida
— Román Rodríguez (@RomanLalin) October 6, 2021
Nesta foto, o gran Pepe Ferrín fíxonos un recordo eterno pic.twitter.com/tjRdLyFfUy
As miñas condolencias á familia e amizades de Valeriano Martínez, nun momento de conmoción e tristura compartida. Un abrazo tamén a súa familia política, ao PP, que vive hoxe un día de loito.
— Ana Pontón (@anaponton) October 6, 2021
Conmocionado e triste polo inesperado falecemento do conselleiro de Facenda. O meu máis sentido pésame á súa familia, ao goberno de Galicia e a todo o PP
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) October 6, 2021
Con fonda consternación coñecemos hoxe o pasamento do conselleiro de Facenda da @Xunta, Valeriano Martínez.
— Yolanda Díaz (@Yolanda_Diaz_) October 6, 2021
Dicímoslle adeus a un home dialogante, exemplar na entrega ao servizo público. O meu pesar á súa familia e achegados e ás súas compañeiras e compañeiros do @ppdegalicia.
Nas últimas horas soubemos do pasamento de Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda na Xunta de Galicia.
— Concello de Pontevedra (@Pontevedrate) October 6, 2021
Desde o Concello de Pontevedra desexamos transmitir, desde aquí tamén, as nosas condolencias á súa familia e seres queridos.
O meu pésame polo pasamento de Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda e veciño da nosa cidade. As miñas condolencias á súa familia, amizades e aos compañeiros e compañeiras do Partido Popular.
— Miguel Anxo F. Lores (@Lorespontevedra) October 6, 2021
https://t.co/1kPHONlStq vía @pontevedraviva
Trasladamos as nosas condolencias á familia e amizades de Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, falecido hoxe en Santiago. Nacido en Aldan, no @ConcelloCangas tiña 61 anos
— Deputación Pontevedra (@depo_es) October 6, 2021
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, traslada as súas condolencias á @Xunta polo pasamento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, en nome de @desdelamoncloa e envía todo o seu agarimo á súa familia e amigos
— Delegación del Gobierno en Galicia (@DelGobGalicia) October 6, 2021
Valeriano Martínez, nacido en Cangas en 1961, era licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.
Funcionario do corpo superior de administración ata o seu nomeamento conselleiro de Facenda, antes desta responsabilidade foi director de recursos humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas.