Ponteandadas retoma as rutas este domingo coas prazas esgotadas
Por Redacción
Despois do éxito de asistencia da ruta inaugural polas marxes do río Lérez o pasado 19 de setembro, o programa Ponteandadas 2021, impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde dentro do proxecto 'A Vida é Movernos', regresa esta fin de semana.
O domingo 10 de outubro está programada unha camiñada polo río dos Gafos que percorrerá a zona de Cabana, na parroquia de Salcedo. As 200 prazas para tomar parte no roteiro están xa esgotadas. Por iso desde o Concello de Pontevedra avanzan as seguintes citas: o 24 de outubro cun percorrido polos montes da Fracha, o 7 de novembro polo encoro do Pontillón do Castro en Verducido e o 21 de novembro polo parque forestal da Tomba.
A reserva de praza para as últimas tres rutas de Ponteandadas 2021 pódese facer no correo electrónico ponteandadas@gmail.com, no Whatsapp 625 482 636 ou na páxina de Facebook do club Naturgaliza Club Senderismo. Trátase das seguintes rutas:
– Ruta 24 de outubro: Monte da Fracha. Aproveitarase para coñecer os cambios e melloras nesta contorna arrincando a camiñada na zona do miradoiro, onde se poderá asistir a unha vista excepcional dos municipios veciños e a Ría de Pontevedra.
– Ruta 7 de novembro: Pontillón de Castro. O primeiro treito, que arrincará nas pistas de piragüismo, será ao redor do encoro para, a continuación, adentrarse no monte con varios quilómetros desfrutando da imaxe privilexiada da Ría. Os organizadores indican que esta será a ruta máis doada, xa que transcorre por pistas forestais sobre un terreo moi regular.
– Ruta 21 de novembro: Parque Forestal da Tomba. Esta ruta, que parte do parque de San Pedro en Campañó (xunto ao Hotel Rural Campaniola) ofrece aos camiñantes a posibilidade de descubrir o recuperado bosque autóctono e os petroglifos. O monte de ribeira levaraos ata varios miradoiros para divisar a Ría e unha contorna ideal para pasar un día en familia que é descoñecida para moitos pontevedreses.
Relacionadas:
-
Ponteandadas bate récord coa súa andaina polo Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Máis de 150 persoas coñecen o parque forestal da Fracha a través dunha Ponteandada
Por Redacción |
-
Pizza de froitas, torta de castañas e divertidos espantallos, no vindeiro Ganapán
Por Redacción |
-
166 persoas participaron na camiñada de Ponteandadas polo río dos Gafos
Por Redacción |
-
Un domingo para camiñar pola cidade con PonteSán e a primeira das PonteAndadas
Por Redacción |
-
Regresan as Ponteandadas tras o parón da pandemia
Por Mónica Patxot & María José Pita |