Ponte Caldelas completa a terceira fase da mellora da estrada que une Anceu e Barbudo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas vén de completar os traballos da terceira fase da mellora da estrada de Anceu a Barbudo, que realizou a empresa COVSA por 42.000 euros.
Trátase dunha obra importante para a veciñanza das dúas parroquias, posto que mellorará notablemente as comunicacións entre ambos lugares do concello de Ponte Caldelas.
"Agora as obras fanse a conciencia, para que duren máis anos, e por iso aplicamos unha capa de rodadura de cinco centímetros de espesor", explicou o alcalde de Ponte Caldelas.
Andrés Díaz engade que "dende que cheguei á alcaldía asfaltamos tamén as vías que comunican Barbudo con Chaín e co embalse de Eiras, conseguindo que o lugar máis envellecido do concello atraia novos veciños”.