O novo edificio universitario de Tafisa será unha realidade antes de que remate a primeira promoción do Grao de Deseño
Por Redacción
O Consello de Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo abordou este xoves na súa reunión ordinaria o proceso para a creación do novo edificio na parcela da antiga Tafisa, ao que se trasladarían as facultades de Deseño e Dirección e Xestión Pública.
Durante o encontro, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, destacou que a súa idea é que o Grao en Deseño comece a funcionar no curso 2022-2023 tendo como sede temporal o edificio de Benito Corbal, previa á construción dese novo edificio na parcela que o Concello cederá á institución académica.
O seu obxectivo é "de ser posible" que cando a primeira promoción de estudantes desta nova titulación cheguen a segundo ou terceiro xa teñan o seu propio edificio e poidan estar todos xuntos e desenvolver a teoría e as prácticas do mellor xeito posible.
Esta primeira reunión do Consello do Campus no presente curso celebrouse na sede da Vicerreitoría e Reigosa explicou que este novo edificio é a segunda prioridade da universidade, despois dun novo centro en Ourense.
Reigosa trasladou o seu agradecemento ao Concello de Pontevedra, que "nunha negociación moi aberta" amosouse "absolutamente favorable ao apoio da Universidade". Neste punto, lembrou que este proceso terá como punto de partida a sinatura dun convenio de cesión da parcela na que se situaba antigamente Tafisa, que "xa non estará ligado á devolución" ao Concello do edificio no que se atopa a Facultade de Belas Artes.
O futuro inmoble, sinalou, converterase na sede do futuro Grao en Deseño, que queren que comece a funcionar no curso 2022-2023 nas plantas que a Xunta cederá á institución académica no edificio administrativo de Benito Corbal. Xa foron adxudicadas as dúas licitacións públicas abertas para equipar as tres plantas que se cederán á UVigo.
Unha vez se vaian incorporando novas promocións tras o primeiro curso "non parece unha localización moi lóxica para unha titulación", dado que se trataría "dunha quinta, sexta e sétima planta, que ademais teñen outros destinos".
No referido ao novo mapa de titulacións, Reigosa expresou o seu desexo de que unha serie de negociacións en marcha permitan "traer para Pontevedra algún grao adicional".
O vicerreitor do campus, Jorge Soto, fixo balance de diferentes iniciativas impulsadas nos últimos meses e referiuse á licitación das obras da sala de neuromusculación da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e da renovación do aparcamento da Escola de Enxeñaría Forestal
Relacionadas:
-
Luz verde á creación en Pontevedra das novas facultades de Deseño e de Dirección e Xestión Pública
Por Alejandro Espiño |
-
A UVigo prevé a posta en marcha do grao en Deseño en Pontevedra no curso 2022-23
Por Redacción |
-
A Universidade inicia os trámites para crear as novas facultades de Deseño e Dirección e Xestión Pública
Por Redacción |