O novo ximnasio de Cerdedo recibe as súas modernas máquinas de fitness
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade comezou a instalar as novas máquinas de fitness das que se está a dotar o novo ximnasio de Cerdedo, no que se investirán uns 28.300 euros grazas a un convenio asinado entre a entidade local e a Secretaría Xeral para o Deporte.
Ao mesmo tempo que se está a rematar a instalación e posta a punto do equipamento e as máquinas de adestramento e rehabilitación, técnicos municipais do Concello están elaborando o proceso administrativo de xestión e as normas de uso por parte de toda a veciñanza destas modernas instalacións que en breve estarán listas para ser usadas e inauguradas polo público en xeral.
O convenio asinado entre o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Secretaría Xeral para o Deporte permite equipar o novo ximnasio anexo ao pavillón municipal de deportes de Cerdedo coa intención de potenciar a práctica deportiva e saudable polo público en xeral, pero especialmente para favorecer o deporte base.
Pola súa banda o alcalde, Jorge Cubela, manifestou a súa satisfacción pola importancia que este novo ximnasio terá para aumentar a oferta deportiva e saudable no municipio e indicou que “estas modernas instalacións suporán un antes e un despois na oferta deportiva municipal no noso concello".
"A nosa intención é permitir a máxima accesibilidade e uso á veciñanza independentemente da súa idade e do grado de capacidade e práctica deportiva que teñan co fin de que o uso destas instalacións sexa o máis amplio e variado posible", ha añadido.