A Deputación, anfitrioa do 25 Congreso Vyodeal, que reunirá en Pontevedra a expertos en mobilidade
Por Natalia Puga
O Pazo Provincial, sede da Deputación de Pontevedra, acollerá os próximos días 18 e 19 de outubro a 25 edición co Congreso Vyodeal, organizado pola Asociación Española de la Carretera, e que nesta edición con sede pontevedresa estará centrado na estrada local como espazo público.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, anunciou este venres que será anfitrioa deste simposio, que reunirá no Salón de Plenos a especialistas en mobilidade de toda España e ten confirmada a participación de Isabel Pardo de Vera, secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Trátase dunha cita que servirá para que a Deputación amose o seu xeito de transformar o territorio dando prioridade á recuperación do espazo público para as persoas, da que Carmela Silva destacou que "vai ser moi potente" e será unha nova oportunidade para que a institución pontevedresa se reivindique como "unha gran referencia no Estado nos asuntos que teñen que ver coa mobilidade".
Así, aproveitou para facer balance do paso da Deputación, e da propia presidenta, polo Foro Urbano de España celebrado en Sevilla, no que foi presentada como "administración referente no que ten que ver coa mobilidade" e como "modelo de recuperación do espazo público".
E tamén quixo anunciar que este mes, entre o 21 e o 22 de outubro, outro congreso convidou á Deputación para falar do seu modelo de mobilidade sostible e amable. Trátase da sexta edición do 'Encontro de Cidades para a Seguridade Viaria e a Mobilidade Sostible', organizado pola Dirección Xeral de Tráfico, o Concello de Zaragoza e a FEMP. Carmela Silva participará nunha das charlas deste foro de encontro e debate para o análise da mobilidade e a seguridade viaria urbana.
No caso da cita dos días 18 e 19 en Pontevedra, estarán en Pontevedra representantes da mobilidade e infraestruturas do Concello de Valencia ou as deputacións de Barcelona, Valencia, Girona, Cuenca, Alacante, Toledo, Valladolid e do Cabido de Tenerife.
Carmela Silva confirmou tamén a presenza do presidente da Asociación Española da Carretera, Juan Francisco Lazcano; o presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero; e o xefe de Área de Xestión de Mobilidade da Dirección Xeral de Tráfico, Pedro Tomás. Na clausura participará o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o congreso vano inaugurar Carmela Silva e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera.
Relacionadas:
-
A Asociación Española de la Carretera premia o modelo de mobilidade da Deputación
Por Natalia Puga |
-
3.000 citas foron xestionadas entre 160 empresas de Madrid e Valencia para promover as Rías Baixas
Por Redacción |
-
Igualdade, turismo, Axenda 2030 e deporte unen Pontevedra e Valencia
Por Redacción |
-
Os novos retos de seguridade e a dixitalización nas estradas centraron o peche do XXV Congreso Vyodeal
Por Redacción |
-
O Goberno apela desde Pontevedra a "no aplazar más" o pago da taxa de uso nas autovías
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación participa na creación do Foro Local para a Axenda Urbana Española
Por Oskar Viéitez |
-
Uxío Benítez reivindica o espazo público como elemento de cohesión social
Por Redacción |
-
Carmela Silva no Foro Urbano de España: "Na Deputación sacamos adiante tódolos proxectos pactando cos 61 concellos da provincia"
Por Redacción |