Ence: compromiso coa igualdade
A igualdade de oportunidades é un dos piares éticos fundamentais de Ence. Por iso, mantén unha decidida aposta polo emprego feminino e un firme compromiso coa equidade dentro do seu equipo humano. Neste empeño, Ence renovou o seu Plan de Igualdade, que desenvolverá ata 2023.
Un ambicioso plan de igualdade que se condensa en dez medidas que gardan relación directa co compromiso da empresa coas persoas. Así, a través deste novo Plan de Igualdade, Ence comprométese a asegurar a equidade interna en postos equivalentes entre sexos e aumentar a representación das mulleres dentro do seu equipo humano.
Esta firme aposta por incorporar mulleres tradúcese na contratación, no primeiros seis meses do ano, dun 65% de mulleres. O que ofrece unha visión axustada do empeño da compañía neste ámbito.
Ao longo do 2020 a compañía xa mantivo o 53% de representación da muller entre os traballadores de 30 anos ou menos con titulación universitaria, marcando unha tendencia ascendente.
Seguir nesta liña á alza é unha prioridade para Ence, que quere atraer o talento feminino e manter a equidade dentro da organización.
Con este fin, renováronse en 2021 os obxectivos de desenvolvemento do propio cadro de persoal, coa aplicación de medidas que eviten os nesgos nos procesos de promoción e aseguren unha representación equitativa da muller nas accións formativas. Do mesmo xeito, nos procesos de selección potenciarase a presenza feminina, contando con polo menos unha muller na terna final de todos os procesos.
REFERENTE DENTRO DO SEU SECTOR
A pesar de tratarse dun sector tradicionalmente cunha maioritaria presenza masculina, Ence márcase novos retos e busca que polo menos o 25% das novas contratacións indefinidas nos postos operativos das biofábricas sexan mulleres, así como un 50% nos directivos e persoal de contrato individual.
A aposta de Ence polo emprego mozo materialízase en iniciativas como o Programa Talento. A meta marcada neste ámbito é a de manter un 50% de representación da muller en menores de 30 anos con titulación universitaria.
O Plan de Igualdade complétase ademais cos obxectivos para fomentar un equilibrio racional entre a vida profesional e persoal, como a flexibilidade laboral mediante o actual sistema de tempos de traballo. Tamén, o apoio dun desfrute equitativo dos permisos por nacemento de fillos.
O último obxectivo do decálogo é asegurar a visibilidade e seguir o cumprimento dos obxectivos marcados a través da Comisión Técnica de Igualdade a nivel de todo o Grupo, que se reúne periodicamente para facer seguimento das medidas establecidas.
A través destes retadores obxectivos, Ence quere seguir potenciando o talento, a xeración de emprego e a riqueza na contorna na que opera, á vez que se consolida como un referente de igualdade e equidade. Neste sentido, a compañía xa marcou un fito en 2019 no seu sector industrial ao rexistrar unha fenda salarial cero entre os homes e as mulleres que compoñen o seu persoal, calculada segundo a metodoloxía do Club de Excelencia en Sustentabilidade en colaboración co Ministerio de Traballo.