A humanización da nova senda peonil de Tenorio xa está rematada
Por Redacción
Rematou o proceso de humanización que o Concello de Cerdedo-Cotobade levou a cabo entre o colexio e as pistas polideportivas de Tenorio.
A actuación consistiu na finalización da beirarrúa que dá sentido á senda peonil, a canalización de augas pluviais, retranqueo de postes e colocación de iluminación led, así como unha renovada sinalización horizontal e vertical da zona para ordenar e mellorar a seguridade viaria.
Con esta intervención tamén remataron os traballos de canalización de augas fluviais no colexio para que deixen de ser un problema en inverno para os usuarios e viandantes.
Ademais, desde o Concello explicaron que o retraso na obra da beirarrúa foi debido a falta de permisos para retranquear os postes do tendido eléctrico existentes e canalizar baixo terra as liñas de telecomunicacións que discurren por onde vai o trazado peonil. Agora gañaron espazo e melloraron a imaxe da zona.
Tamén instalaron farolas no entorno dotándoas da última tecnoloxía LED para gañar en luminosidade e aforrar enerxía e reducir a emisión de CO2.
"Con esta obra gañamos non so en seguridade vial senón tamén melloramos substancialmente a imaxe e o aspecto desta zona de acceso escolar", explicou o alcalde, Jorge Cubela.
A obra levouse a cabo cun importe de 39.319,64 euros aínda que a concurso saíu en 54.200 euros, aforrando un 27% na licitación. Para o Concello o máis complicado da obra foi a xestión para conseguir os permisos pertinentes para levar a cabo o retranqueo de postes de telecomunicacións e eliminar liñas eléctricas aéreas que afeaban o entorno para soterralas e gañar en imaxe e seguridade.
Relacionadas:
-
As obras da segunda fase da humanización de Tenorio comezarán o 20 de setembro
Por Redacción |
-
Unha nova senda en Tenorio comunica a Galiña Azul e o Instituto
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez supervisou o resultado dos traballos na Travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
Finalizan as obras da senda peonil de Tenorio entre o colexio e as pistas polideportivas
Por Redacción |
-
Ultiman a posta a punto dos colexios de Cerdedo-Cotobade ante a 'volta ao cole'
Por Redacción |
-
Comezan as obras da nova senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Cubela estuda facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio
Por Redacción |
-
Adxudicada en 39.320 euros a senda peonil en Tenorio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade saca a contratación a senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Proxectan a creación dunha senda peonil en Tenorio cun investimento de 54.000 euros
Por Redacción |