Ferida unha condutora ebria nun accidente en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo informou dun accidente rexistrado esta madrugada en Padriñán.
Concretamente o sinistro tivo lugar na Rúa Sanxenxo, á altura de hotel Augusta.
Estas mesmas fontes explicaron que se produciu o envorco dun vehículo "por probable exceso de velocidade". Afectou a outro vehículo que estaba estacionado.
A condutora resultou ferida pero non quixo ser trasladada en ambulancia.
Ao serlle realizada a proba de alcoholemia, esta muller deu positivo en alcol.