Os casos activos por covid-19 na área sanitaria xa son menos de corenta
Por Alejandro Espiño
Ata os 38 casos activos, cinco menos dos que había onte sábado, caeu a incidencia da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo recolle o balance diario que emite o Servizo Galego de Saúde. Tan só se rexistrou un novo contaxio.
A situación nos tres hospitais da área sanitaria non cambiou. Seguen sendo dúas as persoas que permanecen ingresadas con coronavirus, ambas en Montecelo,
Un dos pacientes está en planta e o outro, en estado máis grave, na unidade de coidados críticos (UCI). Non hai ningún nin no Hospital do Salnés nin no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Desde o inicio da pandemia 21.191 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, seis nas últimas 24 horas, e rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 304.675, 147 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 143.327 probas de antíxenos e outras 109.112 probas de detección realizadas ata a data.
INCIDENCIA EN GALICIA
A nivel autonómico, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 534, 20 menos que o día anterior. Deles, 156 son da área da Coruña, 81 da de Lugo, 87 da de Ourense, 38 da de Pontevedra, 105 da de Vigo, 62 da de Santiago e 5 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 34 en unidades de hospitalización e 490 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 179.413 persoas curadas, rexistrándose 2.641 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.857.786 probas PCR, 1.919 nas últimas 24 horas, que xunto co resto de probas diagnósticas permitiron detectar 30 novos infectados.
Relacionadas:
-
Os contaxios elévanse a seis nun día sen cambios nos casos activos e hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Leve aumento de casos activos con covid-19 na área sanitaria e en Galicia
Por Anxo Lourido |
-
Trinta persoas continúan coa infección activa na área sanitaria de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Xa só quedan dúas persoas hospitalizadas por covid-19, unha delas na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Aínda queda un paciente con covid na UCI de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Situación covid na área sanitaria: 52 casos activos, dous pacientes ingresados en planta e un enfermo na UCI
Por Redacción |