166 persoas participaron na camiñada de Ponteandadas polo río dos Gafos
Por Redacción
Un total de 166 persoas participaron na mañá deste domingo no segundo roteiro do programa Ponteandadas. Nesta ocasión, os participantes percorreron a contorna do río dos Gafos a través do lugar de Cabanas, en Salcedo.
Impulsada pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde no marco do seu proxecto A Vida é Movernos, a camiñada, marcada e indicada con frechas amarelas, desenvolveuse en base un estrito protocolo anti-covid, do mesmo xeito que a anterior saída.
Así, realizáronse grupos dun máximo de 20 persoas con recepción nun circuíto valado localizado na Praza do Gremio de Mareantes e medidas de prevención, mascarilla obrigatoria, distancia mínima de dous metros e a necesidade de respectar as indicacións dos monitores, de non adiantalos e de manterse sempre no mesmo grupo. Tamén contaron con servizo de ambulancia.
A seguinte ruta de Ponteandadas será o domingo 24 de outubro no parque forestal da Fracha e con saída desde a área recreativa ás 10:00 horas. Ademais, a Concellería ten previstas dous roteiros máis, un polo encoro do Pontillón do Castro para o 7 de novembro e outra polo parque forestal da Tomba para o 21 de novembro.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse coa firma Naturgaliza a través da dirección de correo electrónico ponteandadas@gmail.com ou o whatsapp 625 48 26 36. O máximo de participantes é de 200 por roteiro.
Relacionadas:
-
Ponteandadas bota o peche á súa edición de 2021 con concorrida andaina polo parque forestal da Tomba
Por Redacción |
-
A Praza de España acollerá novas propostas municipais para facer ximnasia na rúa
Por Redacción |
-
Ponteandadas bate récord coa súa andaina polo Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Máis de 150 persoas coñecen o parque forestal da Fracha a través dunha Ponteandada
Por Redacción |
-
Pizza de froitas, torta de castañas e divertidos espantallos, no vindeiro Ganapán
Por Redacción |
-
A Alameda acollerá obradoiros de Percuterapia
Por Redacción |
-
Ponteandadas retoma as rutas este domingo coas prazas esgotadas
Por Redacción |
-
Un domingo para camiñar pola cidade con PonteSán e a primeira das PonteAndadas
Por Redacción |
-
Regresan as Ponteandadas tras o parón da pandemia
Por Mónica Patxot & María José Pita |