O aparcadoiro de Mollavao reabrirá o próximo mercores
Por Redacción
A apertura do aparcadoiro disuasorio de Mollavao está prevista para este vindeiro mércores 13 de outubro.
Segundo informou o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, os traballos foron completados "de xeito áxil e sen atrasos" aínda que o enxabre estará totalmente compactado para o día de apertura, que será cando os vehículos poderán volver aparcar na zona.
Os traballos incluíron o acondicionamento da explanada ademais das tarefas de roza e limpeza, que e contaron cun investimento de 47.851,63 euros.
Por outro lado, tamén informou de que "proximamente" comezarán os traballos no aparcadoiro do Pavillón de Deportes, que recibirá o mesmo tratamento que Mollavao.
Nesta ocasión, realizarán unha renovación integral e precisará dun peche de varias semanas "para que a compactación sexa un éxito e poida ser asegurada unha melloría do terreo o maior tempo posible".
Relacionadas:
-
En marcha a renovación do aparcamento disuasorio fronte ao pavillón municipal
Por Redacción |
-
O estacionamento de Mollavao seguirá pechado dúas semanas para asentar o novo firme
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Prohibido estacionar no aparcadoiro de Mollavao para que poidan rehabilitalo
Por Redacción |
-
O Concello tramita os permisos para arranxar os aparcadoiros disuasorios de Mollavao e o Pavillón
Por Redacción |