Vivir no centro e gozar de grandes espazos: Culmia lanza un exclusivo residencial xunto ao centro histórico de Pontevedra
Vivir no centro dunha cidade rodeado dos servizos básicos, pero conservando as comodidades das zonas residenciais, pode parecer, de primeiras, algo contraditorio. Desfrutar dun fogar que combine as vantaxes da localización e os grandes espazos é a máxima aspiración de calquera comprador, especialmente das familias con fillos, que, tras a pandemia, aumentaron o seu interese por vivendas amplas.
Complicado, pero non imposible. A nova promoción de Culmia ofrece a posibilidade de vivir ás beiras do río Lérez e a 7 minutos do centro da cidade de Pontevedra.
Culmia Aires da Ponte está situada xunto á ponte dos Tirantes e a praia fluvial do río Lérez – unha das principais zonas de baño da comunidade – e próxima ao principal parque da cidade – o Parque da Illa das Esculturas – que conta con máis de 70.000 m² e amplas zonas verdes.
A súa céntrica localización permítelle dispoñer de todos os servizos básicos necesarios, como garderías, colexios, hospitais e supermercados. A zona está comunicada coas principais arterias de circulación que percorren Galicia grazas á súa proximidade á N-560 e a AP-9.
O exclusivo residencial desenvovido por Culmia presenta 45 vivendas plurifamiliares exteriores de 1 a 4 dormitorios con garaxe directo e rocho, que destacan pola súa excelente orientación sur e luminosidade directa durante todo o día. A maior parte delas, ademais, contan con amplas terrazas ideadas para aquelas familias grandes que necesitan de máis espazo e desexan desfrutar das vistas que arrodean o complexo.
A promoción conta cunha instalación de alta eficiencia centralizada coa que, en liña co compromiso de Culmia coa sustentabilidade, reduce o gasto e axuda ao medio ambiente. A combinación entre sistemas activos e pasivos utilizada no edificio permite, neste sentido, producir a enerxía necesaria para conseguir a temperatura idónea e conservala evitando ao máximo a perda de calor no inverno e a entrada de calor no verán.
O residencial Culmia Aires da Ponte preséntase como a localización perfecta para todas aquelas familias que demandan grandes espazos e non renuncian a desfrutar de todas as vantaxes que ofrece o centro da cidade.
Para coñecer máis sobre a promoción podes consultar a web de Culmia ou visitar a oficina de vendas que se atopa en Rúa José Malvar Figueroa 35, Pontevedra.